As nenas e nenos do colexio de Outes crean un bosque no seu patio

28 Febreiro 2024

Un cento de nenas e nenos do CEIP Plurilingüe de Outes participaron este mércores 28 de febreiro nunha acción para converter nun bosque de ribeira parte do patio escolar, lindeiro co río Tins, en proceso de rexeneración grazas ao proxecto ReNatur_Outes, ao que tamén se abeira a plantación da rapazada. As escolares dispuxeron ducias de freixos, ameneiros, pradairos, sabugueiros, bidueiros e érvedos, “contribuíndo á renaturalización da contorna e a crear un espazo máis acolledor para a biodiversidade a as propias nenas e nenos”, en palabras da organización da iniciativa.

A plantación realizouse coa colaboración do proxecto ReNatur_Outes e forma parte do esforzo por recuperar a vexetación de ribeira ao longo do treito urbano do río Tins na Serra de Outes, plantando 300 novas árbores e 200 arbustos. “As árbores plantadas”, engadiron, “non só ofrecerán sombra e un espazo de xogos para as próximas xeracións escolares, máis tamén servirán como refuxio de invertebrados bentónicos e pequenos invertebrados”.

Liderado polo Concello de Outes, Renatur_Outes conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) e o apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

No eixo do proxecto están a recuperación do bosque de ribeira, o control de especies exóticas invasoras, como as distintas especies de acacia presentes (Acacia dealbata e Acacia melanoxylon), a Tradescantia fluminensis ou as plantas do xénero Crocosmia, a limpeza de residuos da contorna fluvial, e a sensibilización ambiental mediante accións de voluntariado, formativas e divulgativas, fomentando a participación pública da cidadanía de Outes mediante sesións de gobernanza cidadá ao longo de toda a vida do proxecto. Desde xeito non só se pretende alcanzar unha recuperación e mellora da biodiversidade, mais xerar un compromiso social máis alá da propia vida do proxecto.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.