As intensas choivas caídas durante o día de hoxe e a forza do vento deixaron preto das 200 incidencias rexistradas no 112 Galicia

25 Febreiro 2024

Arestora, son tres as alertas activadas na nosa Comunidade, por un lado a activación do Plan Especial ante o Risco de Inundacións  en Galicia (INUNGAL), por outro lado o aviso de nivel laranxa activado para todo o litoral galego e, por último, a alerta de nivel laranxa por choivas declarada para o Interior da provincia de Pontevedra.

Cómpre sinalar as 182 incidencias, que mor da meteoroloxía adversa se deixaron notar durante o día de hoxe, entre as 08:00 e as 18:00 horas, no 112 Galicia. 

Por provincias, sinalamos con diferenza a de Pontevedra con 80 incidencias rexistradas, seguida a da Coruña con 58 incidentes, a de Lugo con 35, e a de Ourense con 8 incidencias. A restante da totalidade correspondese a outras Comunidades.

A caída de árbores e pólas nas estradas segue a ser a tipoloxía mais repetida, en total , 84 incidentes para esta tipoloxía, por prevención de risco contabilizáronse 19 incidentes, 12 asolagamentos en estradas, 16 incidencias por cables de luz, de telefonía ou mesmo postes caídos nas estradas, 8 por bolsas de auga nas estradas, 8 por obxectos varios nas vías de circulación, 6 por carteis, pancartas ou sinais de tráfico nas estradas, outros 6 incidentes rexistrados por terra e pedras nas estradas, 4 asolagamentos en vivendas, 4 por derrubamentos, 3 por fochancas nas vías e 2 por  inundacións en baixos comerciais entre outras.

Entre os concellos mais afectados, sinalamos o de Ares con 5 incidencias, o de Arteixo con 3, o de Ortigueira con 4 e o da Coruña con 4 incidencias na provincia da Coruña. Na provincia de Lugo destacamos o Concello de Viveiro, con 6 incidentes. Na de Pontevedra destacamos o Concello de Vigo con 17 incidentes, 7 para o Concello de Cerdedo-Cotobade, 5 para o de Gondomar e para o de Pontevedra. Os 8 incidentes totais rexistrados na provincia de Ourense repártense entre os Concellos de Boborás, Cartelle, Celanova, Castrelo de Miño, Coles, Ramirás, Laza e Piñor, cada un deles cunha única incidencia contabilizada. 

Aínda que ao longo do día non se rexistraron incidencias de consideración por mor da meteoroloxía, destacamos a da evacuación do campo de fútbol de Ponteareas. Ao fío das sete desta tarde, os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil comunicaban ao 112 Galicia o desaloxo do campo de fútbol por mor da enchente do río Tea. Segundo indicaron, o campo quedou totalmente anegado así como unha estrada municipal. 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.