Os Colexios Rurais Agrupados de Rianxo (Cuvide, Cruceiro, Outeiro, Capela, Pazo, Abuín, Rañó e Quintáns) celebran este mes de febreiro unha serie de actividades (unha narración oral e unha xornada de portas abertas) para dar a coñecer a súa actividade e as súas instalacións entre as familias locais. Será, en palabras da dirección do centro, “unha fantástica ocasión” para coñecer o traballo docente, divulgador e dinamizador destes centros educativos dos núcleos tradicionais rianxeiros. O programa de presentación vén con dúas sesións: un contacontos na Escola do Pazo o 20 de febreiro, en horario de 16.30 a 17.30 horas, e unha xornada de portas abertas o 27 de febreiro de 16 a 18 nas escolas integradas no CRA. A xornada está dirixida a familias con nenas e nenos de 2021.




