As asociacións Fontenova e Pedra da Aroña porán o remate ao Entroido en Lampón (Boiro) co Enterro do Felipiño

14 Febreiro 2024

Ao igual que o pasado ano, neste 2024 a Asociación de Veciños Fontenova de Lampón e a Asociación Cultural Pedra da Aroña veñen de xuntar forzas para organizar unha das celebracións máis especiais para a veciñanza de Lampón, o Enterro do Felipiño, co que se despide o Entroido na parroquia.

O programa de actividades foi desenvolvido en colaboración co Concello de Boiro.

Será os días sábado 17 e domingo 18 de febreiro. O sábado celebrarase a Festa do Entroido a partir das 12:30 horas na Unitaria da Estrada Principal, na que haberá callos, empanada e doces típicos do Entroido.

Arredor das 16:30 horas, sairá a comitiva fúnebre co Felipiño, para realizar unha ruada polos bares e rúas da parroquia “ata que o corpo aguante”, en palabras das ditas asociacións.

O Domingo de Piñata será a despedida final, cun percorrido pequeno co Tren dos Enterros a partir das 18:00 horas (dende o peirao de Escarabote e incluíndo un paseo pola vila carrexando o Feliiño) e a posterior queima do Felipiño. Rematará a cerimonia co responso e coa queima do boneco.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.