Arrinca o Entroido de Outes con obradoiros de carautas e accesorios (e este sábado cunha gran festa para a rapazada)

09 Febreiro 2024

O Entroido de Outes xa está en marcha, e inclúe este ano, segundo fixo saber os días pasados o tenente alcalde e concelleiro de Cultura de Outes, Anxo Núñez, actividades tan relevantes e sobranceiras (sempre que as inclemencias do tempo o permitan) como o Desfile de Entroido, o Enterro da Sardiña e unha chocolatada con música a cargo da charanga Os Jalácticos.

Dende o Consistorio repartiranse o vindeiro mércores 14 de febreiro ate 2.970€ en premios. Será a través do concurso de disfraces.

Nestas datas Outes tamén contará con programación para as familias con obradoiros de carautas e accesorios, pintacaras, globoflexia, inchábeis, minidiscos e outras actividades infantís na festa do entroido para os cativos.

-7 e 9 de febreiro – Obradoiro de carautas e accesorios do Entroido. De 17:30 a 19:00 horas na Casa da Cultura. Para nenos e nenas de entre 5 e 10 anos. Máximo 6 prazas, por orde de inscrición. Reservar praza chamando á Casa da Cultura (teléfono: 981 850 950).

-10 de febreiro – Festa de Entroido para os cativos. Ás 17:30 horas no Pavillón da Serra de Outes. Obradoiros de pintacaras, tatuaxes e globoflexia. Inchábeis grandes, minidisco, photocall e ás 19:00 horas o espectáculo Bailando de Animarte.

-14 de febreiro – Enterro da Sardiña e Concurso de Disfraces e desfile polas rúas da Serra.

No concurso repartiranse ate 2.970 € entre os mellores disfraces nas categorías de infantil, individual, grupos e comparsas.

A cualificación do xurado será no Pavillón Polideportivo da Serra ás 17:00 horas.

Ao remate celebrarase o Desfile de Entroido amenizado pola charanga os Jalácticos, con saída na praza de Galicia e remate na praza do Bosque, onde se queimará a Sardiña, farase a entrega de premios e terá lugar a chocolatada. En caso de chuvia suspenderase o desfile.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.