Abertas ao uso 141 novas prazas de estacionamento habilitadas polo Sergas na contorna do CHUS

17 Febreiro 2024

O Servizo Galego de Saúde vén de rematar os traballos de acondicionamento do novo aparcadoiro provisional no Hospital Clínico Universitario de Santiago, co que suplirá as prazas que se verán afectadas durante a execución das obras do novo Centro de Protonterapia de Galicia. Desde a xornada do venres poderase estacionar na parcela que vén de ser acondicionada na Travesía da Choupana (fronte á entrada principal do Hospital Gil Casares).

O novo espazo conta con máis de 3.100 cadrados de extensión, dos que 1.700 son útiles, e nos que se emprazará un total de 141 novas prazas para aparcar. Así, mediante a habilitación deste espazo o Sergas facilitará durante os vindeiros meses o estacionamento.

Este aparcadoiro, está aberto ao uso xeral, pasará a ser de uso para os profesionais a partir de que se peche o estacionamento para eles onde se levará a cabo a obra do Centro de Protonterapia.

Este novo espazo forma parte das medidas adoptadas polo Sergas para suplir as prazas de estacionamento que se verán afectadas durante a execución das obras do Centro de Protonterapia de Galicia

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.