A Policía Nacional detén en Ribeira a dous individuos por delitos de tráfico de drogas

08 Febreiro 2024

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Local de Ribeira, no marco dun dispositivo establecido para a prevención do tráfico e consumo de estupefacientes na vía pública, procederon á detención de dous homes como “presuntos autores dun delito contra a saúde pública”, na súa modalidade de tráfico de drogas, realizadas no marco de dous operativos diferentes.

No primeiro operativo, os axentes sorprenderon in fraganti a un home, mentres estaba a realizar unha venda de droga a un consumidor que lle pagou cun billete de dez euros. Posteriormente, fóronlle localizadas entre os seus efectos, 9 bolsiñas de cocaína e heroína, preparadas para a súa venda, polo que se procedeu á súa detención.

Nun segundo operativo, é identificado outro varón, ao que se lle atopa entre as súas pertenzas un frasco que contiña 24 bolsiñas de cocaína e heroína, predestinadas para o tráfico, así como 400 euros en billetes de diverso valor, polo que foi detido como presunto autor dun delito de tráfico de drogas.

Tras tramitarse as correspondentes dilixencias policiais, os detidos foron postos ao dispor do Xulgado de Instrución número Tres de Ribeira en funcións de garda.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.