A Pobra organiza unha manchea de actividades (gastronómicas, culturais, de lecer) para conmemorar o Día de Rosalía

15 Febreiro 2024

Os nosos concellos van ultimando as axendas para conmemorar unha das grandes citas literarias da nosa cultura: o Día de Rosalía de Castro que se celebra no 23 de febreiro en toda Galicia e, tamén, fóra da nosa terra. Sen ir máis lonxe, o Concello da Pobra presentou este xoves 15 de febreiro a súa axenda conmemorativa, que inclúe, entre outras cousas, unha ofrenda cívica, a lectura dun manifesto, actuacións musicais, a degustación do caldo de groria e un xogo-concurso para escolares: As Sete Rosalías. O programa foi debullado pola concelleira da Cultura, Patricia Lojo, e a técnica municipal desta área, Fita Sanisidro.

No propio día 23 celebrarase a tradicional ofrenda cívica na praza que leva o nome da escritora, ás 13.00 horas, coa lectura dun manifesto, música tradicional a cargo de Xiada e o repartimento de “caldo de groria” entre as persoas asistentes. Tamén se valora a participación dos centros educativos da primaria, pois “as crianzas son as principais destinatarias das accións que impulsa o Concell”, segundo remarcou a edil.

Debido á boa acollida nas anteriores edicións, apóstase novamente polo xogo-concurso As Sete Rosalías co obxectivo de “achegar a rapazada á figura da intelectual dun xeito didáctico e cun compoñente lúdico”. A dinámica será a habitual: deberanse buscar as siluetas co rostro de Rosalía expostas nos escaparates dunha trintena de establecementos colaboradores no período comprendido entre o 23 de febreiro e o 8 de marzo. O desafío reside en rastrexar as sete Rosalías customizadas e anotalas no folleto e en que local se sitúan. Poden participar todos aqueles nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 e 12 anos que conten cun dos impresos repartidos nos colexios Salustiano Rey Eiras e Pilar Maestú Sierra. Unha vez superado o reto, deberanse depositar os documentos debidamente cubertos nos referidos centros de ensino. Sortearanse 50 lotes de agasallos entre tódolos cativos e cativas acertantes, no 12 de marzo.

E para os/as escolares da infantil tamén se artella unha proposta para aplicar diferentes técnicas plásticas sobre un soporte co debuxo de Rosalía.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.