A Pobra homenaxea Rosalía con poesía, música, flores e o”caldo de groria”

23 Febreiro 2024

Poesía, música e gastronomía foron os tres eixos sobre os cales se vertebrou este 23 de febreiro, Día de Rosalía de Castro, na Pobra do Caramiñal.

A chuvia fixo que algunhas das actividades se tivesen que desenvolver a cuberto, pero non pasou pola auga a xornada. O teatro cine Elma converteuse nun fervedoiro músico-literario xa de mañá. O grupo de música tradicional Xiada interpretou algunhas pezas e o alumnado do CEP Pilar Maestú Sierra e unha parte do CEP Salustiano Rey Eiras realizoulle unha singular homenaxe a Rosalía con poemas cantados e lectura de versos.
Despois, o tempo respectou a ofrenda cívica que se desenvolveu, como xa é tradición, na praza que leva o nome da escritora, e que incluíu a degustación do “caldo de groria” que se recolle no poema “Miña casiña, meu lar”. Antes de proceder á colocación do arranxo floral a carón da fonte xunto con parte da corporación municipal, o alcalde, José Carlos Vidal, dirixiuse ao público congregado lendo, primeiramente, o manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, escrito por Carlos Callón, no cal se explica que a autora marca un antes e un despois en Galicia, non só na literatura e, por extensión, na cultura, senón tamén
na nosa sociedade, ao formar parte da nosa identidade como pobo.
Durante a súa intervención, o mandatario local tamén reiterou o compromiso do Concello da Pobra do Caramiñal con esta data
conmemorativa para seguir divulgando a obra rosaliana. Por iso, apuntou que na programación deseñada pola Concellaría da Cultura se fai sempre un especial fincapé na rapazada, para lle achegar coñecementos sobre a intelectual galega mediante accións de carácter lúdico.


As crianzas da primaria poden participar ata o día 8 de marzo no xogo- concurso As Sete Rosalías. Deberán busca-las sete versións distintas da escritora nos escaparates dunha trintena de establecementos colaboradores. Logo de superado o reto, deberanse deposita-los documentos debidamente cubertos nos centros de ensino mencionados anteriormente. Sortearanse 50 lotes de agasallos, entre tódolos cativos e cativas que acertaren, no 12 de marzo.

Fotos Concello A Pobra

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ser joven en España”. José Castro López

“Ser joven en España”. José Castro López

La mayoría de las sentencias judiciales pasan desapercibidas. Otras, sin embargo, sonmuy llamativas porque el veredicto recae sobre aspectos muy sensibles de la vida socialo familiar. Como ha ocurrido en Italia.Hace unos meses un tribunal obligó a dos hombres de 40 y...