A Pobra celebra o 2 de marzo a novena edición das Xornadas Muller e Ciencia

27 Febreiro 2024

A novena edición das Xornadas Muller e Ciencia que promove a Concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal abordará os microplásticos e a actividade física nas mulleres. Esta convocatoria atópase conformada por dúas conferencias que se impartirán no 2 de marzo, en horario de tarde, no Auditorio do Museo Valle-Inclán.

Xunto coa asesora xurídica á muller, María Pérez, e a axente da igualdade, Carolina Rodríguez, durante o acto de presentación a concelleira da Igualdade, Estefanía Ramos, salientou que estas xornadas xorden “da necesidade de seguir sumando esforzos para pór en valor, visibilizar e fortalecer a figura da muller no eido da ciencia”. Animou así tódalas persoas a asistir a esta iniciativa que neste ano achega dous temas de actualidade.

Cristina López Villar, licenciada en Educación Física e doutora en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, ofrecerá o simposio O que non che contaron sobre a actividade física das mulleres, ás 18.00 horas. A relatora forma parte do equipo de investigación Educación, Saúde e Actividade Física: Estudos de Xénero, enfocado na perspectiva feminista aplicada ás ciencias do deporte, con liñas vinculadas á historia das mulleres deportistas e á pedagoxía feminista en educación física.

O ámbito medioambiental será tratado por Gloria María Pena Uris, doutora en Química e profesora titular da Universidade de Vigo, na área da Ciencia de Materiais e Enxeñaría Metalúrxica, quen disertará sobre Microplásticos: un problema que debemos coñecer e abordar, a partir das 19.00 horas.

A entrada é libre ata completar a cabida, ademais de podelas seguir polo streaming a través da canle do Youtube do Concello da Pobra do Caramiñal.

Co obxectivo de favorecer aa asistencia das persoas interesadas, disponse dun obradoiro de conciliación para a rapazada. Habilitarase na praza de abastos, onde as crianzas estarán acompañadas por monitorado especializado. Se ben é de balde, require a inscrición previa no teléfono de contacto 981832764, marcando a extensión 6, ou no enderezo electrónico igualdade@apobra.gal.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.