A Oficina de Información ao Consumidor do Concello de Boiro atendeu no ano 2023 un total de 2.373 persoas

23 Febreiro 2024

O Concello de Boiro vén de facer balance da actividade desenvolvida en 2023 pola súa Oficina de Información ao Consumidor, que presta servizo ás persoas consumidoras e usuarias para o adecuado exercicio dos seus dereitos. No ano que deixamos atrás, a OMIC de Boiro atendeu un total de 2.373 visitas.

No balance faise saber que o total de persoas atendidas polo persoal municipal de consumo xerou ata 578 expedientes novos. A maior parte das consultas rexistradas correspóndense con temas de electricidade, comunicacións, transporte aéreo, seguros, banca e servizos financeiros, seguros ou comercio electrónico.

Ademais de informar e orientar aos consumidores, a OMIC remite as reclamacións das persoas consumidoras aos organismos competentes; elabora escritos xudiciais e extraxudiciais; ou realizar mediacións entre persoas consumidoras e empresas. Neste eido, realizáronse 49 mediacións satisfactorias onde a empresa e a persoa consumidora chegaron a acordo nun prazo máximo dun mes sen acudir a outros mecanismos de resolución de conflito.

A Oficina de Atención ao Consumidor do Concello de Boiro está situada no andar baixo da Casa Consistorial de Boiro e presta servizo de luns a venres en horario de 9.00 a 13.30 horas. Pode solicitarse a cita previa mediante a páxina web do Concello de Boiro (www.boiro.gal).

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.