A Marea insta ao Goberno de Noia a “desatascar” a obra da Praza de Abastos

23 Febreiro 2024

A Marea de Noia emitiu un comunicado no que insta ao Executivo de Santiago Freire “a desatascar a obra da Praza de Abastos”. Segundo advirte a agrupación, o tempo para retomar este proxecto vai rematando e na vindeira sesión plenaria deste xoves o grupo de Goberno debera “presentar unha proposta seria para solucionar os problemas da obra”. En caso contrario, din, “denunciaremos a licitación ante a Xunta Consultiva de Contratación”.

A Marea xustifica a cuestión en que “non se cumpre cos prazos de licitación” e en “que o trámite do expediente está cheo de irregularidades”.

A Marea indica ademais que “o prazo que tiña a empresa para a execución da obra era de 13 meses e xa van alá máis de dous anos”. Aseguran que “ este prazo xa se cumpriu con creces xa que a formalización do contrato levouse a cabo o 17/01/2022”. E engaden: “Esta falta de cumprimento dos trámites supón que as persoas titulares dos postos da praza sufran serios prexuízos en canto as súas ventas e que se van alongando no tempo”.

A Marea indica tamén que “ en decembro do ano 2022 solicitamos copia do expediente porque houbo informes fiscais do Concello que poñían de manifesto serias irregularidades na tramitación do obra, incumpríndose a lei non nos facilitaron a documentación ate febreiro do ano 2023”. Logo de analizar en profundidade o expediente, engaden, “detectamos varias irregularidades e pago de facturas con incrementos moi importantes nos prezos, cuestión prohibida expresamente no contrato entre a empresa e o Concello o prohibe”.

Dende A Marea insisten en que esta situación “non se pode demorar máis” e que “tanto usuarios como persoas titulares dos postos están fartos dos adiamentos da obra froito da mala xestión da alcaldía”.

Outros artigos

Incendiados catro colectores en Aguiño

Os bombeiros do parque Provincial de Ribeira foron alertados esta noite dun incendio que afectaba a varios colectores en Aguiño, no concello de Ribeira. Víronse afectados catro colectores que quedaron completamente calcinados. As lapas danaron tamén, en menor medida,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión