A lousamiá Lucía Rodríguez Figueira presenta este sábado o seu primeiro libro, “Nora”, na Casa da Cultura de Lousame

22 Febreiro 2024

A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, e a concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo, recibiron a Lucía Rodríguez Figueira, veciña de Zaramagoso (Fruíme, Lousame), quen este sábado 24 de febreiro presentará o seu primeiro libro: “Nora”.
Unha presentación que terá lugar na Casa da Cultura de Lousame entre as 17:00 e as 18:30 horas.
Villaverde Pais amosou todo o seu apoio a Lucía Rodríguez e desculpouse por non poder acompañala na presentación en sociedade do seu primeiro libro. Un acto no que será presentada pola concelleira Silvia Agrafojo e onde as persoas asistentes tamén poderán
mercar un exemplar do libro asinado pola autora e editado por Universidad Literaria.
Soño feito realidade
Para Lucía Rodríguez, esta presentación é “un soño feito realidade. E que mellor que presentalo en onde son natural, cos meus veciños e con todos os meus coñecidos”. “Nora” é unha historia de traizón e celos editada por Universidad Literaria que combina momentos románticos con escenas eróticas. Conta a historia de Nora, unha muller sumisa inmersa nun matrimonio cheo de mentiras e enganos ata que, coa axuda duns bos amigos logra saír dese burato, fortalecendo a súa autoestima e vencendo os seus medos. Para logralo, superará situacións de medo, indecisión e traizón, ademais doutros momentos fermosos como atopar o
verdadeiro amor que a axuda e a apoia sen condición.
Aínda que se trata do seu primeiro libro, Lucía Rodríguez xa pensa nun segundo. “Xa houbo xente que me dixo que querían outro e máis grande, que este se lles fixo pequeno. E si que me gustaría facer outro. De feito, se este ten éxito, a propia editorial vaime apoiar en facer outro”. Iso si, os fans terán que agardar un tempo porque “non será inmediatamente. Levo un par de anos un pouquiño complicados e tamén necesito parar un pouquiño e desfrutar deste.
Repousar, coller ideas novas e despois, se a oportunidade aparece e a editorial me apoia iremos por outro”.
A autora
Lucía Rodríguez Figueroa é natural de Zaramagoso, parroquia de Fruíme. Sempre foi afeccionada a escribir pero nunca se atrevera a publicar, ata que editorial Diversidad Literaria lle ofreceu unha oportunidade de cumprir un dos seus soños. Así, Lucía Rodríguez comezou a escribir a través dun concurso de micro-relatos eróticos convocado por esa editorial a través de Facebook. Un concurso no que o seu relato foi escollido entre os presentados en toda España para formar parte dun libro de antoloxía de temática erótica. Un libro comercializado
a través de Internet e onde Lucía foi unha das dúas persoas que máis vendas conseguira, o que lle permitiu asinar un contrato editorial con Diversidad Literaria para escribir este libro en solitario.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.