A “finde” romántica de Somos Rianxo xa ten número gañador

16 Febreiro 2024

A asociación empresarial e veciñal Somos Rianxo vén de resolver (este 15 de febreiro) un dos premios grandes do seu concurso Namórate de Rianxo 2024, destinado a reivindicar e visualizar o comercio local e máis as vantaxes de facer as compras en clave de proximidade. Na campaña, lanzada coincidindo coa celebración do 14 de febreiro (Día de San Valentín), incluíase unha fin de semana romántica e o número premiado resultou ser o 2306.

Con Namórate de Rianxo, que contou coa colaboración do Concello, salientouse “a importancia de apoiar ao pequeno comercio coa finalidade de seguir xerando emprego e riqueza no municipio rianxeiro, dando vitalidade ás parroquias e á vila e favorecendo unha atención de calidade e proximidade”.

A persoa afortunada deberá pórse en contacto con somosrianxo@hotmail.com antes do 15 de marzo: enviando foto do papeleta premiada e gardándoa ata o día da entrega do premio e enviando un nome e un teléfono de contacto para acordar a data de recollida do premio.

As papeletas poden seguir selándose até o día 24 de febreiro incluído. De feito, quedan por resolver os destinatarios dos dous cheques de 100 euros e das dúas ceas.

Os agasallos

Como dixemos, entre os premios incluíase unha fin de semana romántica, dous cheques de 100 euros e dúas ceas para dúas persoas. Para optar aos agasallos foi preciso selar unha tarxeta da campaña en tres locais distintos e introducila nas caixas de correos colocadas nos espazos do amor antes do 14 de febreiro. De xeito complementario e buscando a participación cidadá tamén houbo agasallos para as persoas que se fixeran fotografías nos recantos (photocalls) do amor habilitados polas diferentes parroquias de Rianxo para logo subilas ás redes sociais etiquetando a Somos Rianxo en Facebook e Instagram. O premio era unha estancia nun spa para dúas persoas.

Uns 70 establecementos participaron na campaña Namórate de Rianxo.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...