A escritora carnotá Sica Romero recibe o Premio de Narrativa San Clemente por “Avelaíñas eléctricas” (modalidade de lingua galega)

07 Febreiro 2024
A escritora carnotá Sica Romero

No serán deste 7 de febreiro celebrouse en Santiago cerimonia de entrega do XXVII Premio de Narrativa Arcebispo Juan de San Clemente, impulsado polo IES Rosalía de Castro co apoio da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades co obxectivo de promover o ámbito lector entre a rapazada, así como a riqueza de coñecer varias linguas. No acto participaron, entre outras personalidades da cultural e da política galegas, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, que destacaron o feito de que as gañadoras das tres categorías sexan mulleres, “o cal é unha mostra máis do enorme talento feminino no ámbito literario e creativo”.

Na modalidade de novela en lingua galega recolleu o premio a escritora de Carnota Sica Romero, galardoada pola obra Avelaíñas eléctricas. Pola súa parte, nas categorías de literatura en linguas castelá e estranxeira recibiron cadanseu premio a mexicana Brenda Navarro, por Ceniza en la boca, e a británica Nell Leyshon, por La escuela de canto.

Ademais, a cerimonia, que estivo conducida por varios alumnos dos distintos centros que participaron como membros do xurado, foi amenizada cunha actuación do coro do instituto compostelán e cunha representación dunha pequena peza teatral creada especialmente para a ocasión, con varias referencias ás tres obras vencedoras.

Xurado adolescente

A peculiaridade deste premio reside no protagonismo que se lle concede ao xurado, composto cada ano polo alumnado de Bacharelato do Instituto Rosalía de Castro e de varios institutos máis de Galicia e de fóra da Comunidade Autónoma. Este ano participaron, acompañando os estudantes do instituto santiagués, rapaces e rapazas do IES Eduardo Pondal, tamén de Santiago; do IES Laxeiro, de Lalín (Pontevedra); do IES Lagoa de Antela, de Xinzo de Limia (Ourense); do IES Terra do Xallas, de Santa Comba (A Coruña); do IES da Terra Chá José Trapero Pardo, de Castro de Rei (Lugo); do IES Ramiro de Maeztu, en Madrid; do Lycée Saint François Xavier de Vannes (Francia) e do Grimmelsahusen Gymnasium de Gelhausen (Alemaña).

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...