A Deputación financia 50.000 horas de axuda no fogar e contrata 19 profesionais da área social no Barbanza

22 Febreiro 2024

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a deputada de Política Social, Mar García Vidal, visitaron este xoves 22 de febreiro o concello de Rianxo para coñecer de primeira man os servizos sociais do municipio que funcionan con financiamento da institución provincial. Acompañados do alcalde Julián Bustelo e de membros da Corporación local, Formoso e García mantiveron un encontro co persoal que traballa na área social do Concello e cun grupo de traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) do municipio.

Formoso destacou que, nos concellos de menos de 20.000 habitantes da comarca de Barbanza, a Deputación financia este ano 50.034 horas de SAF de libre concorrencia e contrata a 19 profesionais da área social. Entre eles, destacan Rianxo (7.200 horas e 3 profesionais contratados), Noia (6.011 horas) e Outes (6.000 horas).

O presidente salientou tamén a importancia do traballo que realizan as coidadoras, “un servizo esencial para coidar dos nosos maiores nos concellos máis pequenos e rurais, para permitirlles ter unha vellez digna e tranquila, seguir vivindo nas súas casas e favorecer tamén a conciliación laboral das familias”.

Formoso destacou o compromiso da Deputación con este eido e reclamou un maior investimento por parte da Xunta de Galicia, que ten as competencias en materia de política social e atención á dependencia. “As achegas por parte da Xunta son escasas para soster o sistema de dependencia, que é o cuarto piar do estado de benestar, do que dependen tantos miles de familias en Galicia”, afirmou.

O alcalde de Rianxo salientou o apoio da Deputación, que “vén axudando de maneira moi importante a soster un servizo fundamental para os concellos” e remarcou que presta esa axuda “sen ter as competencias, mentres que quen as ten non contribúe como debera”.

Por outra banda, lembrou que a Administración provincial elixiu Rianxo para a construción dunha residencia pública, o que agradeceu e destacou como mostra do “esforzo importante” que fai a Deputación en materia de dependencia.

A Deputación vén de publicar no BOP o Plan de Servizos Sociais Comunitarios 2024, cun investimento total de 8,3 millóns de euros, que permitirá co-financiar cos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia a prestación de preto de 400.000 horas de Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e a contratación de 178 profesionais especializados no ámbito social para atender as necesidades das persoas máis vulnerábeis.

O presidente da Deputación destacou que “a Deputación duplicou nos últimos anos o investimento neste programa que fai posíbel mellorar a calidade de vida de miles de persoas e que toda a cidadanía teña acceso a servizos sociais profesionais, incluso nos concellos máis pequenos”.

PERSOAL CONTRATADO EN SERVIZOS SOCIAISHORAS DE SAFINVESTIMENTO TOTAL
COMARCA DO BARBANZA
Boiro25.704,00108.448,00
Carnota24.956,0099.472,00
Lousame24.000,0077.000,00
Mazaricos15.000,0082.000,00
Muros22.873,0074.476,00
Noia26.011,50116.138,00
Outes16.000,0094.000,00
A Pobra do Caramiñal23.600,0087.200,00
Porto do Son24.690,00100.280,00
Rianxo37.200,00150.600,00
Total comarca1950.034,50989.614,00

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.