18F: O PSdeG debulla na sede de Amicos o programa da agrupación para presidir a Xunta

16 Febreiro 2024

María Outeiral, candidata número sete pola provincia da Coruña ás eleccións autonómicas, e o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, mantiveron un encontro na sede boirense da asociación inclusiva Amicos para explicar o proxecto socialista de Besteiro de cara ás eleccións autonómicas do vindeiro 18 de febreiro.

O alcalde de Boiro explicou a importancia de que unha persoa do Barbanza acompañe a Besteiro na súa candidatura xa que “isto vainos a permitir ter un contacto directo co próximo goberno da Xunta de Galicia e así trasladarlle as demandas e necesidades que temos na comarca”.

María Outeiral puxo en valor a defensa dos servizos públicos que recolle o programa de Besteiro “un programa que pon ás persoas en primeiro lugar e que aposta por servizos como a educación, a sanidade e a dependencia como piares fundamentais”, afirmou María Outeiral.

María Outeiral e José Ramón Romero atenderon tamén as principais demandas das persoas usuarias de Amicos como son fomentar a formación profesional para persoas con discapacidade, maior adaptación cognitiva de centros médicos e protocolos ou aumentar o persoal de apoio nos centros de ensino.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.