18F: Mercedes Queixas, do BNG, anuncia medias para rescatalo sector marisqueiro se saen elixidos

06 Febreiro 2024

A número dous da candidatura do BNG por A Coruña, Mercedes Queixas, visitou un polígono bateeiro na Ría de Arousa após embarcar no peirao de Rianxo no Praia da Torre.
“Esta ría ten unha riqueza impresionante. E vímola coñecer de primeira man. Os datos están aí: produce o 70% do mexillón que se cultiva en todo o Estado”, afirma Queixas, quen estivo acompañado por Rosana Pérez e Carlos Callón, números 3 e 21 da candidatura nacionalista.
O problema é que nos últimos tempos a produtividade da ría está minguando drasticamente, polo aumento da contaminación e o exceso de auga doce derivado da apertura das comportas dos encoros.
“Estase pagando o desleixo e abandono das Rías por parte do PP durante 15 anos de goberno ininterrompidos. O BNG promoverá un plan de rexeneración das rías galegas co obxectivo de recuperar produtividade e postos de traballo. Será financiado con fondos propios e da UE”, avanzou Mercedes Queixas.
“Un mariñeiro de Rianxo acaba de nos dicir que aquí chegou a haber 300 mariscadores a flote e que agora apenas fica unha ducia. Un dato que o di todo”, concluíu.

Outros artigos

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase este venres en Noia

Este venres, o lobo ibérico chega á Casa da Cultura de Noia. O 23 de outubro, ás 20:00 h, a Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, de Emilio Fonseca. Trátase dunha película incluída na programación contratada pola...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.