18F: Feijoo visita Muros e Mazaricos

08 Febreiro 2024

A pesar das intensas choivas e refachos de vento que deixou a borrasca Karlotta na comarca, o líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, percorreu diferentes negocios de Muros, para sorpresa dos veciños que se cruzaron con el.

Estivo acompañado pola portavoz do PP muradán, Inés Monteagudo, que agradeceu enormemente a visita: «Demostrou que é unha persoa de palabra», xa que a finais de ano pasado comprometeuse a visitala vila murada durante a campaña electoral autonómica.

Despois do seu paso por Muros, Feijoo aproveitou o seu paso pola zona para dirixirse a Mazaricos, onde mantivo un encontro con gandeiros e tomou nota das demandas do sector. O dirixente popular recolleu as preocupacións dos gandeiros sobre cuestións como a problemática do lobo, os custos de produción ou a alta fiscalidade ambiental imposta polo Goberno.

PP de G

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.