18F: A candidata de Sumar, Marta Lois di na Pobra que os votos da súa formación son necesarios para o cambio político en Galicia

12 Febreiro 2024

A candidata de Sumar Galicia á Presidencia da Xunta, Marta Lois, elevou a “cinco” o número de persoas ás que cada un das persoas simpatizantes da formación ten que convencer para que haxa “cambio” no goberno o próximo 18 de febreiro. Ademais, rexeitou que a formación laboralista sexa un “obstáculo” para o cambio, senón ao contrario, dixo, é necesario porque “se non, non chega”.

A unha semana da cita coas urnas, e tras unha repartición de propaganda electoral en Noia, Marta Lois protagonizou un mitin no teatro Elma, na Pobra do Caramiñal, un dos municipios conquistados polas ‘mareas’ e cuxo ex alcalde e actualmente concelleiro, Lois Piñeiro, forma parte da candidatura.

Lois estivo arroupada polo ministro de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030, Pablo Bustinduy, nun mitin no que, precisamente, os protagonistas fixeron fincapé na axenda social do goberno, con actuacións como a reforma laboral ou a subida do salario mínimo interprofesional.

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.