18F: 92.278 votantes están chamados ás urnas este domingo na comarca

17 Febreiro 2024

Nas comarcas da Barbanza e Muros- Noia están chamados a participar un total de 92.278 persoas nos dez concellos que o integran.

Os datos sobre cidadáns con dereito a voto nestas eleccións autonómicas correspóndense co censo pechado ao 1 de outubro do ano pasado.

Segundo os datos que manexa o Instituto Nacional de Estatística (INE), a cifra de electores a 1 de outubro data de peche do censo increméntase no conxunto da comarca en 184 persoas con respecto ás anteriores eleccións xerais.

Como é habitual Ribeira é concello con máis votantes e sobe nun cento os electores con respecto á convocatoria das xerais. O segundo posto do ranking ocúpao Boiro, con 94 máis, e pecha o podio A Pobra, onde este domingo poderán depositar o seu voto nas urnas un total de 7.852 persoas, 44 máis que o pasado verán.

Pola contra Outes perdeu uns vinte electores, unha cifra similar á de Muros, que ten 18 menos, mentres que en Lousame e Rianxo as persoas con dereito a voto son unha ducia menos que en xullo. Mazaricos, é o que é o máis votantes perde con 37 menos votantes.

Censo de votantes:

Ribeira  21.780 ; A Pobra 7.852 ; Boiro: 15.745; Rianxo  9.277.

Porto do Son 7.736 ; Muros 7.202; Noia 11.844;  Outes 5.373; Carnota  3.414;  Lousame 2.755.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

O beber demasiado alcol, o fumar, o non facer exercicio, o abusar das drogas ou o comer alimentos que nos fan dano, son algunhas das ameazas para a nosa saúde que provén do modo e o estilo de vida de cada un de nós. Resulta extraordinariamente preocupante de que o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.