Verdegaia inicia unha campaña de visitas guiadas para coñecer o noso patrimonio ambiental (con xeira divulgativa en Corrubedo en novembro)

23 Xaneiro 2024

Verdegaia presenta a campaña 12 Meses, 12 Saberes, que decorrerá ao longo deste 2024 co obxectivo de “dar a coñecer aspectos singulares do patrimonio natural e etnográfico galego”. Segundo explica a organización ambiental, “con esta celebración dunha andaina cada mes descubriremos, e aprenderemos, curiosidades nos máis variados campos que fan da nosa terra un lugar único; aprenderemos a identificar aves e árbores, a entender a dinámica das dunas e a interpretar as formacións xeolóxicas, adentrarémonos nos segredos das mámoas e lembraremos eventos como O Xantar de Conxo”.

Os roteiros serán na última fin de semana de cada mes, con unha duración aproximada de dúas horas e media e guiados por diferentes expertos segundo a temática.

Os participantes recibirán ao inicio de cada actividade un folleto con pistas para identificar os elementos máis representativos que se abordarán en cada itinerario. Ao rematar os guías porán a proba os coñecementos adquiridos polos participantes.

O mes de novembro a listaxe de xeiras divulgativas inclúe unha visita ao Parque Natural de Corrubedo.

Primeira actividade

O primeiro roteiro será xa no sábado 27 de Xaneiro no Esteiro da Foz na Ramallosa onde aprenderemos a identificar aves propias deste ecosistema como a garza real, a garceta ou o mazarico galego.

Data: Sábado 27 de Xaneiro, de 11:00 a 13:30

Punto de saída: Inicio do carril bici da Ramallosa (Nigrán) – 42°07’19.3″N 8°49’05.5″W

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.