Un incendio calcinou un garaxe en Lousame

27 Xaneiro 2024

As chamas arrasaron con todo o que se gardaba no interior, incluída unha moto e unha cociña de gas

Dotación de bombeiros do Consorcio Contra Incendios e Salvamento de A Coruña con base en Boiro veñen de intervir en incendio de vivenda en Camboño en Lousame

Ardeu o pendello e todo o que había no seu interior, unha moto, maquinaria agrícola, unha cociña e outros materiais que se almacenaban no alpendre. 

Sucedía sobre as 15:30 horas. Foi o mesmo dono quen avisou ao 112 Galicia de que lle estaba ardendo o garaxe da casa, situado en O Corral de Abaixo, en Camboño. Aseguraba que non había persoas afectadas.

Acudiron os Bombeiros de Boiro, que comunicaron que o lume xa fora controlado polos veciños, polo que, os Bombeiros remataron a extinción e removeron rescaldos para asegurarse de que quedaba todo apagado. 

Aínda que finalmente non chegaron a intervir, desde o 112 Galicia informouse aos Bombeiros de Ribeira e aos membros do GES de Noia, así como, tamén foron informados a Garda Civil e os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade. 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.