Miles de persoas maniféstanse en Santiago en defensa do futuro do mar

21 Xaneiro 2024

Un cento de colectivos convocaron a manifestación que partiu da Alameda de Santiago, Foto CRTVG

Milleiros de persoas asolagaron este domingo as rúas do centro de Santiago de Compostela, convocadas por máis dun cento de colectivos ecoloxista e agrupacións do sector pesqueiro para “defender o futuro do mar”, tras a crise dos pellets que afecta o litoral galego.

A menos dun mes das eleccións autonómicas, a manifestación foi ademais un clamor contra a xestión do episodio contaminante causado pola vertedura de granulado plástico, en augas portuguesas, procedente do mercante Toconao.

Á marcha, que partiu da Alameda compostelá e concluíu na Praza do Obradoiro, asistiron numerosos cargos políticos de forzas de esquerda e nacionalistas, como a vicepresidenta segunda do Goberno e líder de Sumar, Yolanda Díaz, e a exministra de Igualdade Irene Montero.

Tamén estaban presentes candidatos e candidatas que aspiran a presidir o Goberno galego a partir do 18 de febreiro, como Ana Pontón (BNG), Xosé Ramón Gómez Besteiro (PSdeG), Marta Lois (Sumar) e Isabel Faraldo (Podemos).

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...