Un centenar de persoas participaron na xeira de limpeza de granulados organizada en Balieiros polo Concello de Ribeira e Greenpeace

13 Xaneiro 2024

O Concello de Ribeira celebrou este sábado 13 de xaneiro, en colaboración coa organización Greenpeace, unha xornada de limpeza de aglomerados (pélets) de microplásticos. A xeira de traballo desenvolveuse entre as 10:00 e as 13:·30h por ser “horas de baixamar”. Esta xornada de traballo estivo coordinada por membros do Grupo Municipal de Emerxencia (GAEM) de Ribeira e por profesionais ambientais.

Segundo informou o Concello, máis dun centenar de persoas acudiron á praia de Balieiros, en Corrubedo, para axudar na limpeza organizada polo Concello xunto á organización ecoloxista Greenpeace. O Concello agradeceu a axuda de “tódalas persoas voluntarias que viñeron a botar unha man a pesar do mal tempo, ao GAEM, a Pepe de Adelino pola doazón das peneiras para a limpeza e a Greenpeace pola súa colaboración”.

O alcalde de Ribeira, Luís Pérez, explicou previamente á celebración da xornada que “malia que non ser unha competencia dos Concellos a realización deste tipo de limpezas de verteduras contaminantes”, dende o “Goberno local non podemos mirar para outro lado mentres millóns de bólas de plástico chegan á costa ribeirense” e declarou: “Poñémonos á fronte sendo a primeira Administración en actuar para atallar esta crise ambiental”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.