UFD inviste preto de 520.000 euros en obras de mellora da calidade do subministro eléctrico en Rianxo

30 Xaneiro 2024

UFD, a distribuidora eléctrica de Naturgy, comezou o ano achegando datos sobre os traballos desenvolvidos na nosa comarca para optimizar o servizo á cidadanía. No que se refire ao concello de Rianxo, investiu preto de 520.000 euros en varias actuacións e obras de mellora de instalacións eléctricas no municipio de Rianxo (A Coruña). A compañía construíu unha nova liña de media tensión subterránea de 600 metros no lugar de Abuín, con orixe nun novo apoio onde se instalou un interruptor telecontrolado, e final nun novo centro de transformación, con dúas liñas de saída en baixa tensión.

Así mesmo, a distribuidora construíu no lugar de O Pazo unha nova liña de media tensión aérea de 1.420 metros, para alimentar un novo centro de transformación con dúas saídas de baixa tensión.

A compañía inclúe cada ano no seu plan de investimentos actuacións e iniciativas para potenciar as infraestruturas de subministro de enerxía eléctrica e mellorar a rede de distribución eléctrica, especialmente en zonas rurais, contribuíndo así ao desenvolvemento económico destes territorios e á mellora das súas condicións de vida.

Para o delegado de UFD na provincia da Coruña, Emilio Castro, “o investimento realizado é unha proba máis do compromiso desta compañía co desenvolvemento enerxético de Rianxo, xa que as actuacións realizadas aumentarán a capacidade da rede de distribución do municipio, ademais de mellorar a fiabilidade da subministración eléctrica e minimizar os tempos de resposta ante calquera incidencia no municipio.”

UFD, distribuidora eléctrica de Naturgy, xestiona na provincia da Coruña máis de 23.000 quilómetros de rede de baixa e media tensión, preto de 10.300 centros de transformación e dá servizo a máis de 715.000 puntos de subministro. En Galicia, dá servizo a case 1,6 millóns de puntos de fornecemento eléctrico en 286 municipios das catro provincias galegas, a través dunha rede de 60.300 quilómetros de liñas de alto, media e baixa tensión.

A distribuidora investiu máis de 650 millóns de euros nos últimos cinco anos para mellorar o seu servizo e infraestruturas en Galicia.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.