Trenor di dende O Son que até 43 establecementos do Barbanza están xa adheridos ao Bono Deporte, que xa se pode descargar

11 Xaneiro 2024

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou este xoves 11 de xaneiro o establecemento Tres Sesenta Deportes en Porto do Son para informar das vantaxes do Bono Deporte, que, segundo lembrou, xa pode ser descargado polas familias dende este luns. Trátase dun bono de 120 euros ao que poden acceder todos fogares con fillos de entre 6 e 16 anos, que estean federados ou inscritos no programa escolar de fomento da actividades deportivas Xogade. Na visita, na que Trenor estivo acompañado polo alcalde sonense Luis Oujo, informou que na comarca do Barbanza están adheridos 43 establecementos e entidades. Ademais, confirmou que a data deste mércores 10, ás 14.00 horas, xa estaban descargados 87.000 bonos en toda Galicia.

A listaxe definitiva está dispoñíbel na web bonodeporte.gal, onde tamén se inclúe información sobre o procedemento e desde onde se poden descargar os bonos, que se emiten en formato dixital a través cun código QR. A cidadanía pode empregar ademais o enderezo electrónico bonodeporte@xunta.gal para trasladar as súas dúbidas e suxestións.

O período para descargar os bonos abrangue ata o 29 de febreiro. Unha vez descargado o bono, a contía queda reservada e pode usarse en calquera momento ata o 1 de xullo.

O sistema funciona a través dunha aplicación móbil, de maneira que o importe de 120 euros de cada bono contará cun desconto do 80% en cada compra ou servizo adquirido. O importe irase reducindo en función do valor da compra realizada (IVE incluído).

Cada beneficiario disporá como máximo dun único bono por menor de 6 a 16 anos con licenza federada ou do programa Xogade que se poderá descontar nos establecementos adheridos á iniciativa.

As persoas beneficiarias que descarguen o bono terán que amosar o seu código QR no momento do pago e a entidade adherida ao programa accederá á aplicación que, sobre o importe total, validará e calculará o prezo final co desconto. Así, a plataforma rexistra e desconta o bono e actualiza o Wallet do cliente.

Outros artigos

O PIE dos concellos do Sar-Ulla logra unha inserción laboral do 38%

Os alcaldes de Padrón, Dodro, Rois, Pontecesures, Catoira e Valga participaron este venres no acto de clausura do Programa Integrado de Emprego Dodro 2025-2026, no que un cento de persoas desempregadas dos ditos termos municipais recibiron durante nove meses...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.