O pesqueiro Moa tivo que ser remolcado a porto pola lancha de Salvamento Marítimo “Salvamar Regulus” este martes ao quedar sen goberno cando estaba ao oeste do monte Louro, en Muros. No buque viaxaban tres tripulantes, que non resultaron feridos.
O aviso chegou pasadas as 13 horas no que se informou que o barco quedara sen goberno por un fallo na máquina.
Nese momento, o centro de corrdinación de Salvamento en Fisterra mobilizou á Salvamar Regulus, que remolcou o pesqueiro, de 11 metros de eslora, ata Porto do Son, onde quedou atracado pasadas as 15.30 horas.



