Rianxo rendeu homenaxe a Castelao a carón do busto do Paseo da Ribeira

29 Xaneiro 2024

O Concello de Rianxo e a Fundación Castelao homenaxearon este sábado 27 de xaneiro a Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao cunha ofrenda floral no busto do Paseo da Ribeira.

O alcalde rianxeiro, Julián Bustelo, chamou a “reivindicar, difundir e profundizar” no coñecemento da obra de Castelao “fronte aos discursos do odio, que sinalan as minorías e rexeitan da diversidade”, sinalou.

A vertente musical do tributo contou coa vertente musical de Río do Anxo.

Nos tributos a Castelao desta pasada fin de semana desenvolveu un importante papel o Partido Galeguista.

A ofrenda encadrouse no programa de Actos Castelao, impulsado polo Concello e outras entidades (a Fundación Castelao, Barbantia, o Museo do Gravado de Ribeira) destinadas a honrar ao ilustre escritor, artista e político rianxeiro.

Así, ademais da ofrenda floral este venres presentouse no Auditorio de Rianxo O libro secreto da filosofía de José Carou Rey, coas intervencións da ilustradora da obra, Sara Valcárcel; a profesora e tradutora Margarita Fernández Gómez; o escritor e membro de Barbantia, X. Ricardo Losada; o director de Producións da Editorial Galaxia,, Xesús Domínguez; o concelleiro de Educación e Cultura do Concello de Rianxo, Julio Alcalde e o propio autor.

Ademais, mantense aberta (até o 2 de febreiro no Auditorio de Rianxo) a Exposición XVII Premio Jesús Núñez de Gravado da Deputación da Coruña, abeirada tamén aos Actos Castelao.

Como dixemos, os Actos Castelao foron organizados polo Concello de Rianxo xunto coa colaboración da Deputación da Coruña, o Museo da Artes do Gravado á Estampa Dixital do Concello de Ribeira, a Asociación Barbantia, a Fundación Castelao, a Escola de Música de Rianxo, a Editorial Galaxia e La Voz de Galicia.

Outros artigos

Accidente de tráfico no acceso ao polígono de Espiñeira, en Boiro

Os bombeiros do parque comarcal provincial de Boiro recibiron unha chamada ao redor das 20:00 horas deste mércores 15 de maio alertando dun accidente de tráfico no acceso ao Polígono de Espiñeira coa estrada AG-11, no concello de Boiro. Á chegada dos bombeiros as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Último abril”. Olegario Sampedro

“Último abril”. Olegario Sampedro

“Último de abril, primero de mayo. Que entre el bueno y salga el malo”. Este era el popularadagio al que, cada 30 de abril, se recurría para bendecir las casas. Provistos con una rama detojo empapada en agua bendita, la gente santificaba sus hogares con el propósito...

“A crise nos nenos” – José Manuel Pena

“A crise nos nenos” – José Manuel Pena

A parella está sen traballo e unicamente perciben pouco máis de 600 euros mensuais. Teñen dúas nenas de 4 e 6 anos. A pasada semana comeron pasta e arroz porque non dispoñían de diñeiro e a prestación non entra, no caderno do banco, ata o día dez de cada mes. Desde...