Retiradas das praias galegas 3.573 quilos de pellets e 12.528 doutros plásticos

25 Xaneiro 2024

O dispositivo despregado pola Xunta nas praias para a recollida dos pellets perdidos polo mercante Toconao en augas
portuguesas permitiu recuperar ata o momento 3.573 quilos deste material, o equivalente a 143 sacos. Ademais, desde o 10 de xaneiro tamén se retiraron dos areais preto de 12.528 quilos doutros plásticos asimilables a residuos urbanos.
No día de onte, o persoal mobilizado polo Executivo galego sacou das praias algo máis de 13 quilos de pellets, o equivalente a medio saco deste material, así como 736 quilos doutro lixo plástico que pode depositarse no contedor amarelo.
A maiores, desde o inicio do operativo os efectivos da Xunta contabilizaron a recollida doutros 1.272 quilos de pellets, o equivalente a preto de 51 sacos, froito do labor dalgúns voluntarios -que entregaron a pé de praia as cantidades obtidas ao finalizar as súas
xornadas de traballo- ou dos sacos recuperados enteiros ou case cheos polos concellos e que foron retirados nos últimos días pola Administración galega para o seu traslado a un punto de almacenaxe.
No día de hoxe o operativo de vixilancia, detección e limpeza nos areais está a traballar en 39 praias pertencentes a 25 concellos.
Neste sentido, os técnicos do Plan Territorial de Continxencias por Contaminación Mariña Accidental de Galicia (Plan Camgal) recomendaron onte pola tarde reducir o nivel de alerta polo episodio dos pellets do mercante Toconao e iniciar unha desescalada progresiva dos medios de limpeza nas praias, mantendo unha vixilancia que permita actuar con axilidade ante calquera posible cambio na situación. De feito, hoxe mesmo trasladóuselle por carta esta proposta á Delegación do Goberno en Galicia.

O dispositivo despregado polo Executivo autonómico por terra traballa hoxe en 39 areais
pertencentes a 25 concellos

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...