Comezou 2024 e segundo confirmou o Concello de Rianxo va proseguir no municipio o programa de obradoiros de envellecemento activo realizados pola asociación AGADEA Alzhéimer, en colaboración co Consistorio, cuxo obxectivo é previr o deterioro cognitivo das persoas maiores de 65 anos e contribuír á súa autonomía e á súa calidade de vida.
Nestes momentos os talleres desenvólvense no Liceo de Rianxo, mais o Concello explicou que se está a traballar para establecer tamén sesións en outros espazos do municipio.
As persoas interesadas en participar poden contactar con AGADEA a través do teléfono 672 705 053.
Os obradoiros, encadrados no programa de iniciativas que prepararon o Concello e AGADEA para esta tempada, abordan cuestións como as vantaxes das terapias non farmacolóxicas ou os recursos que se poden poñer en xogo para contrarrestar e previr o avance de doenzas como o alzhéimer ou a demencia.