Pontón reclama a Xunta e Goberno central “que abandonen xa a confrontación” e traballen man a man para retirar os granulados

11 Xaneiro 2024
O buque mercante Toconao

A portavoz nacional e candidata á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, reclamou dende Burela a Xunta e Goberno central que abandonen dunha vez por todas a súa “confrontación estéril e inútil” na xestión da crise dos granulados vertidos polo buque Toconao e se poñan a traballar “man a man” para que haxa “máis medios e máis recursos” para retirar a marea plástica do litoral galego, segundo recalcou, “a primeira prioridade” nestes momentos.

Logo dun encontro coas xogadoras do Burela-Pescados Rubén de fútbol sala, Pontón insistiu en que “a máxima prioridade agora mesmo é a limpeza das praias e a retirada dos pélets plásticos contaminantes que están chegando canda vez a máis puntos da costa galega e criticou as liortas nas que seguen inmersos os executivos galego e estatal”.

“A primeira prioridade ten que ser a limpeza das praias e a cidadanía galega o que lle reclama ás Administracións non é nin un pim-pam-pum partidista nin unha confrontación estéril, senón que traballen man a man, de xeito coordinado, para que canto antes se poda retirar toda esa marea de plásticos”, afondou, para advertir a continuación que “o problema segue aí” e, dadas as previsións, “poden chegar máis granulados nos próximos días”.

Amais, reclamou ao Executivo de Alfonso Rueda que actúe “coa máxima transparencia” porque “é evidente que non se pode seguir actuando como ata agora”, cunha Xunta que actuou “tarde e mal”, comentou.

Para a portavoz do Bloque, este é un momento no que os Executivos teñen que estar á altura dos galegos e das galegas porque “a capacidade dun goberno mídese en situacións críticas como a que estamos vivindo neste momento e, ata o de agora, vimos a un Goberno que non estivo á altura”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.