Política Lingüística impulsa un proxecto para que os centros educativos traballen e fomenten a lectoescritura en lingua galega

29 Xaneiro 2024

Na xornada deste luns 29 de xaneiro, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participaba na presentación do proxecto Divertímonos xogando coas nosas palabras, un xogo didáctico encamiñado ás primeiras etapas educativas co que a Consellería de Cultura e Educación reforzará a aprendizaxe da lectoescritura en lingua galega amais de favorecer a adquisición de vocabulario galego entre a cativada. Na cita fíxose saber que teremos toda a información e os recursos dispoñíbeis sobre este proxeto no Portal da Lingua.

“Trátase dun recurso innovador e motivador polo seu carácter lúdico e manipulativo a través do cal se reforza a aprendizaxe non só da escritura e da lectura, senón tamén do noso léxico”, salientou Valentín García, engadindo que “a transmisión interxeracional da lingua é fundamental nas primeiras etapas educativas e precisamente é aí onde centramos os nosos esforzos con proxectos como este, que se suman a grandes iniciativas como o programa de dinamización lingüística 21 días co galego e +, que este ano trasladamos por primeira vez á etapa infantil”.

Engadir que ao acto de presentación, que acolleu o CEE María Mariño da Coruña, tamén participaron a directora do centro, Mª Luz Barreiro, e as autoras do proxecto, as profesoras Eva Uceira e Rosa Mary González.

Indo ao proxecto, dicir que o profesorado poderá traballar, en grupo ou individualmente, a conciencia fonolóxica, un dos mellores compoñentes para a aprendizaxe da lectoescritura e para a adquisición de vocabulario implícito e explícito. O proxecto consta de dous xogos recollidos nunha pequena caixa de cartón cos que traballar, segundo se decida: a conciencia léxica, silábica ou fonémica. O primeiro deles consta de 175 tarxetas con fotos reais a cor coas que o profesorado poderá realizar até oito actividades diferentes. O segundo xogo, Descubre o intruso, está composto por 70 discos. Cada un deles consta, á súa vez, de cinco fotografías, das cales catro coinciden na

sílaba ou no son e outra non ten relación fonética coas anteriores. Neste caso, o alumnado terá que identificar en que coinciden as catro imaxes e indicar porqué o intruso non forma parte dese grupo silábico.

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.