Os Concellos de Muros, Outes e Ribeira achegan recomendacións sobre como debemos actuar no caso de atopar aglomerados plásticas nas praias

10 Xaneiro 2024

Os nosos Concellos activaron estes días diversas canles para mobilizar o voluntariado e coordinar o traballo das persoas que queren botar unha man recollendo aglomerados plásticos das praias, vertidos hai semanas polo buque Toconao.

En Muros, “ante as numerosas mostras de solidariedade recibidas”, o Concello de Muros prega a “máxima precaución en materia de protección e, tamén, para realizar as menores alteracións posíbeis nas contornas naturais”. Tamén recomenda que “ante calquera dúbida” nos poñamos en contacto co Concello a través do teléfono 981 826 050. Neste teléfono, ou tamén a través de muros.gal, tamén é posíbel achegar os nosos datos para comezar a traballar en labores de voluntariado.

En Ribeira, o Concello tamén achega pautas sobre como actuar en acaso de albiscar nalgún punto da costa un saco ou unha morea de conglomerados plásticos. Temos varias alternativas: ou ben chamar ao GAEM local (689781863) ou ben contactar coa Área de Medio Ambiente do Concello mediante a conta medioambiente@ribeira.gal. O Concello está a coordinar coas asociacións e entidades involucradas as brigadas de limpeza nas praias.

En Outes, o Goberno local recomenda que chamemos ao 112 no caso de atopar sacos ou aglomerados. Por outra banda, se queremos facer unha recollida aconséllanos usar sempre luvas, non escarvar na area (limpar só a zona superficial) e recoller as bólas en bolsas ou capachos. O Concello vai habilitar un colector amarelo na praia de Broña específico para estes materiais. Outro material plástica ou de diferente índole deberá ser depositado nos contedores correspondentes.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.