Obras de pavimentación e saneamento na rúa da Cambra, Palmeira

25 Xaneiro 2024
Cambra. PAlmeira. Foto Concello

O Concello de Ribeira adxudicou as obras de saneamento e pavimentación da Rúa da Cambra, en Palmeira, cun orzamento de 65.201euros e un prazo de execución de 3 meses. Na actualidade a Rúa da Cambra presenta un pavimento de formigón en mal estado e redes de servizos antigas e moi deterioradas; polo que se proxecta a mellora das condicións de accesibilidade e funcionalidade da zona, modernizando a rúa e creando unha plataforma única; dando preferencia ao tránsito peonil. Tamén se realizará un pavimentado de formigón con lousas de granito e renovaranse os servizos de saneamento, pluviais e abastecemento
de auga potable.
“Dende o Concello seguimos a traballar para mellorar a pavimentación e o saneamento naquelas rúas que se atopen deterioradas” explicou o alcalde Luís Pérez. “A mellora dos servizos é fundamental para o desenvolvemento sostible de todo o Concello.”

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.