O Son acolle este sábado o I Encontro Musical Sonora

25 Xaneiro 2024

Este sábado 27 de xaneiro toca bailar, latricar e degustar gastronomía no Local Náutico de Porto do Son, na explanada portuaria sonense. Estamos a falar da primeira edición do Encontro Musical Sonora, unha proposta cultural e social onde, segundo informa a organización (Sonora Asociación Cultural), a música, a leria e o bailoteo son protagonistas.

A vertente musical (artistas convidados) virá da man de Ally Bally, Rumbía e Puga & Dake. Ademais, haberá foliada libre. A cita dará comezo ás 20.00 horas. A vertente máis gastronómica poderana atopar os asistentes na cantina e nos petiscos que acompañarán o encontro Sonora. Organiza, como dixemos, a Asociación Cultural Sonora en colaboración co Concello de Porto do Son.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.