
Laura Novelle, escritora do Carballiño afincada na Pobra do Caramiñal, presentará esta semana a súa nova obra literaria, Todo lo que he callado, unha mestura de thriller policíaco e novela romántica cunha trama cun potente trasfondo histórico.
A autora dará a coñecer o libro ante o público pobrense no 19 de xaneiro, ás 20.00 horas, no Auditorio do Museo Valle-Inclán.
A concelleira da Cultura, Patricia Lojo, e María José Pacheco Etchevers, mestra xubilada licenciada en Xeografía e Historia, acompañarán á escritora, historiadora e divulgadora na presentación.
Novelle conta xa cunha fecunda traxectoria literaria e, nesta obra de ficción, céntrase na historia de León Cantud, un membro da policía científica en labores administrativas ao que lle cambiará a vida a investigación dun caso.



