O Museo do Gravado de Artes inaugura este 12 de xaneiro unha mostra de homenaxe a Veiras Manteiga

09 Xaneiro 2024

O Museo do Gravado de Artes (Ribeira) organiza este mes de xaneiro a apertura dunha nova exposición, unha relevante mostra en homenaxe ao artista compostelán afincado na nosa comarca Veiras Manteiga. Será este venres, 12 de xaneiro de 2024, ás 20.00 h na Sala 1 do Museo do Gravado.

A exposición consta de 32 obras. Acompaña a exposición a edición dun libro para bibliófilos en edición limitada a 30 exemplares numerados da seguinte forma: 1 P.A.; 4 exemplares I/IV a IV/IV e 25 exemplares 1/25 ao 25/25, numerados e asinados polo artista. O libro está recollido nun estoxo e contén 32 láminas asinadas e numeradas por Xosé Luís Veiras Manteiga e autentificadas ante o notario José Prieto Luengo de Boiro.

Esta homenaxe súmase á celebrada en febreiro polo Concello de Ribeira, que expuxo no Consistorio 36 obras pictóricas do artista, baixo o título Obra recente. Contrastes.

Veiras Manteiga, Premio Barbantia á Traxectoria Cultural (edición 2023), reside na aldea de Camboño (Lousame), que é, nas súas palabras, a aldea onde hai máis artistas e creadores por metro cadrado do Barbanza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.