O Freixo acollerá o foro final do proxecto europeo sobre economía circular e desenvolvemento rural liderado polo Concello de Outes

11 Xaneiro 2024

O Concello de Outes en colaboración con AFIPRODEL (Asociación de Profesionais de Desenvolvemento Local de Galicia) organiza o foro final do proxecto Circular.rur – Novos modelos de negocio de economía circular para a activación do rural europeo, financiado polo programa Erasmus+. A cita será no Centro Náutico Municipal do Freixo (Outes), este 18 de xaneiro.

As persoas interesadas en participar poden inscribirse gratuitamente cumprimentando o formulario dispoñíbel na Rede. O prazo de inscrición para o Foro acaba o día 15 de xaneiro.

O proxecto europeo Circular.rur  Novos modelos de negocio de economía Circular para a activación do rural europeo é un proxecto de asociación de cooperación en materia de formación profesional Erasmus+ que se desenvolveu dende o 01.11.2021 ata o 01.11.2023.

O consorcio do proxecto estivo liderado polo Concello de Outes e contou coa participación da Asociación de Profesionais de Desenvolvemento Local de Galicia, así como de socios europeos de Irlanda, Alemania, Italia, Croacia e Grecia: WIN Consultants Ltd, Meath County Council, Hamburgisches WeltWirtschaftsInstitut gemeinnützige GmbH, Comune di Capannori, Lokalna akcijska grupa Zagorje Sutla e Atlantis.

Os resultados de Circular.rur están dirixidos a profesionais da área de desenvolvemento rural e/o emprego.

O obxectivo principal consiste en “promover a transferencia de coñecementos innovadores sobre economía circular e o desenvolvemento de novos modelos de negocio baseados nesta, que respondan as expectativas dos mercados laborais nacionais e europeos, e que brinden novas oportunidades de activación fronte aos retos actuais, fomentando contornas rurais máis modernos e sustentábeis, a través do apoio intelixente da profesionais da área de desenvolvemento  rural, aos futuros emprendedores do rural europeo”.

Toda a información sobre o proxecto está dispoñible na súa web, circularur.eu.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.