O Consistorio sonense licitará nas vindeiras semanas a redacción do polígono

29 Xaneiro 2024

O Concello de Porto do Son anunciou que vai licitar nas vindeiras semanas a redacción do proxecto do seu futuro polígono industrial, cuxo plan de ordenación xa figuraba nos orzamentos de 2023, cunha contía de 123.420 euros, e que no estudo de viabilidade inclúe unha superficie duns 70.000 metros cadrados na parroquia de Nebra (que permitan medrar e consolidarse a empresas instaladas en territorio sonense), actuando a Administración local como promotora e o Instituto Galego de Vivenda e Solo como principal colaborador deste inicio do proxecto.

Trátase, en palabras do rexedor Luis Oujo, dunha iniciativa necesaria que vén sendo demandada dende hai tempo polo sector produtivo local, que quere medrar e ao mesmo tempo desenvolver a súa actividade no propio concello. Estas empresas, sinalou o alcalde, necesitan un espazo axeitado para traballar xa que “por estar emprazadas onde están, ven como se limita a súa capacidade económica e, tamén, o seu potencial para xerar emprego”.

Unha vez que estea licitada a redacción do proxecto, estudarase a viabilidade dun acceso alternativo ao polígono que resulte o menos custoso posíbel ao mesmo tempo que estea garantida unha conexión coa área industrial nas mellores condicións. Buscase así que o acceso finalmente elixido non inflúa negativamente no prezo final do metro cadrado (a diferencia do que podería ocorrer co acceso fixado no PXOM). Unha vez completada a redacción o Concello comezará a traballar cos propietarios de Nebra para a compra dos terreos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.