O Concello de Ribeira recibe ao deportista local Juan Luis Fernández, campión de España de boxeo

19 Xaneiro 2024

O Concello de Ribeira recibiu este venres 19 de xaneiro ao boxeador ribeirense Juan Luis Fernández, campión de España de boxeo.
Membros do equipo de Goberno (o rexedor Luís Pérez Barral, o tenente alcalde Vicente Mariño, o concelleiro de Deportes, Xavier Vidal) felicitaron ao deportista polos éxitos acadados e animaron a que siga esforzándose para acadar novos títulos.

Juan Luis adestra no ximnasio El Barrio de Ribeira; e foi campión Canada WBC en thai boxing, campión do Mundo WBC, campión rexional de Asturias, campión galego de boxeo e campión de España de boxeo. O deportista foi agasallado cunha peza de cerámica galega e un bono para gastar no comercio local. “Teño que agradecer ao equipo de Goberno este recibimento, non só a min, senón tamén ao meu club que traballa comigo día a día; e polo seu apoio aos deportistas locais”, afirmou.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.