O Concello de Ribeira confirma que a Escola de Deportes Náuticos de Aguiño executarase nun prazo de 14 meses

22 Xaneiro 2024

O Concello de Ribeira adxudicou as obras do proxecto Escola de Deportes Náuticos de Aguiño e fíxoo cun orzamento de 1.210.000 euros e un prazo de execución de 14 meses. O obxectivo principal é “a construción dun edificio para albergar unha escola municipal e a sede do Club de Remo Náutico de Ribeira”, lembraron fontes do Consistorio, engadindo que “esta adxudicación chega despois de varios meses de traballo nos que houbo que modificar o proxecto inicial para evitar sobrecustes na obra ou para evitar a eliminación algún dos servizos que ofrecerá este equipamento deportivo”.

O equipo de Goberno sinala tamén que o edificio estará localizado na zona portuaria de Aguiño e terá unha superficie aproximada de 35,50 x 17,00 metros. No baixo haberá unha entrada, a recepción, espazo de almacenamento para embarcacións e foso de remo, mentres que o primeiro andar adicarase a un salón multiusos con despachos, baños adaptados, vestiarios e ximnasio con zona fitness e cardio.

O foso de remo permitirá o adestramento en condicións adversas e no inverno, mentres que a sala multiusos tamén permitirá a súa utilización como aula ou salón de conferencias.

Dende o equipo de Goberno local reafirman o seu “compromiso de seguir mellorando os fondos destinados á promoción do deporte ribeirense”.

Segundo explicou o propio rexedor, Luís Pérez Barral, “as remeiras e remeiros do Club de Remo Náutico de Ribeira levan tempo conseguindo éxitos e facendo un labor encomiábel e precisan unhas instalacións decentes. O labor que realiza este club, a pesar das precarias instalacións nas que adestran, fan que sexa de xustiza que teñan unhas instalacións axeitadas nas que poder desenvolver as súas actividades”.

E engadiu o rexedor: “Con esta adxudicación cumprimos coa nosa palabra e co traballo realizado ao longo dos últimos anos para materializar un proxecto que dotará á parroquia de Aguiño dunhas instalacións náuticas de primeiro nivel”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...