O Concello de Rianxo mellora a iluminación no entorno do IES Félix Muriel coa finalidade de “optimizar a seguridade do alumado, especialmente na entrada ao centro en época invernal cando hai menos horas de luz natural”.
Esta actuación forma parte dunha serie de intervencións a executar nos próximos meses de maneira coordinada entre o Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña, para mellorar a seguridade viaria na DP-7201.




