O Concello de Outes confirma a presenza de bólas plásticas en Broña e Siavo

08 Xaneiro 2024

O Concello de Outes informou da aparición, tamén, de pellets plásticos ás praias da contorna, concretamente nos areais de Broña e Siavo. Dende o Consistorio explican que xa levan dúas semanas facendo seguimento da noticia dos vertidos que están chegando ás praias da ría e que “tanto preocupan na área medioambiental”. E engaden: “Este sábado comprobamos sobre o terreo que apareceron nalgunhas praias do noso concello, nomeadamente en Broña e Siavo”. Porén, as outras praias de Outes aparecen polo de agora libres destes plásticos.

No comunicado o Concello fai saber que “por sorte, a incidencia coa que nos afecta esta marea branca contaminante en Outes é moi baixa, non por iso deixaremos de facer seguimento diario en previsión de que a afectación no noso concello poida aumentar”.

Dende o Consistorio informan tamén que Plademar Muros-Noia e Ecoloxistas en acción están comezando a preparar accións de voluntariado para a retirada de pellets das praias, polo que “todas as persoas interesadas en participar poden poñerse en contacto con estes colectivos ecoloxistas”. O Concello recorda tamén aos voluntarios que non se deben tocar os pellets sen luvas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.