O Club de Remo Cabo de Cruz celebra este sábado a XXI Regata contra reloxo de traiñeiras

22 Xaneiro 2024

O Concello de Boiro colabora co Club de Remo Cabo de Cruz na organización da XXI Regata Contra Reloxo que terá lugar este sábado 27 de xaneiro no peirao de Cabo de Cruz. O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, e o presidente do club, Luís Piñeiro, presentaron a proba.
A regata realizarase na modalidade contra reloxo lineal na que van participar os equipos masculinos e femininos das categorías de absolutos e veteranos e tamén de base. Pola mañá terá lugar a regata das categorías base e veteranas, con saída ás 11.30 horas. Pola tarde terá lugar a competición das categorías absolutas ás 17.00 horas.
“A modalidade contra reloxo está a ter moita repercusión a nivel nacional e internacional xa que este ano participarán clubs de Benidorm e Valencia e tamén do Reino Unido”, afirmou o presidente do Club de Remo de Cabo de Cruz, Luis Piñeiro.
O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, convidou á veciñanza a asistir este sábado ao peirao de Cabo de Cruz para presenciar esta regata de traiñeiras, “esta é a primeira das probas que este ano se disputan en Boiro e que concluirán ao final do verán coa regata ACT”.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.