O Camiño de Santiago pola ría de Muros e Noia, exemplo de boas prácticas para Xapón

29 Xaneiro 2024

O concello de Muros acolleu a visita dun grupo de profesionais xaponeses interesados nas mellores prácticas do Camiño de Santiago pola ría de Muros e Noia, convidados pola Asociación Auga e Sal.

Eriko Nishida, Gaku Umehara e Masao Osagawa traballan nun proxecto auspiciado pola Oficina de Turismo de Xapón para desenvolver un produto turístico centrado no Camiño de Shikoku en bicicleta para turistas estranxeiros. Este proxecto innovador combina o percorrido en bicicleta polo Camiño budista de Shikoku con experiencias culturais, relixiosas e gastronómicas auténticas de Xapón.

A alcaldesa de Muros, María Lago, e a concelleira de Cultura e Turismo, Caridad González, recibiron aos profesionais xaponeses no concello e expresaron a súa satisfacción “polo interese mostrado pola comitiva xaponesa”. A rexedora agradeceu a súa visita e mostrouse ilusionada ante a perspectiva de “posíbeis vías de colaboración no futuro”.

Masao Osagawa destacou a importancia de establecer contacto coa comunidade local, “que ofrece experiencias auténticas, co fin de extraer ideas e adaptalas ao contexto do Camiño de Shikoku”.

Na súa estadía en Muros os integrantes da delegación xaponesa participaron na visita guiada Pegadas de auga e sal, unha experiencia que transporta á Idade Media e mergulla aos peregrinos na historia dos primeiros viaxeiros que chegaron por mar ás costas da ría.

Esta experiencia única, subvencionada polo Concello de Muros como parte da promoción do Camiño pola Ría, foi especialmente valorada pola súa autenticidade e a súa capacidade para conectar coa esencia e o espírito do peregrinaxe.

Adeamais, da man de Carmen Sánchez, a delegación xaponesa coñeceu o proxecto Galurina, que utiliza ingredientes locais como as algas para crear delicias gastronómicas. Foi Itsuko Hori, guía turística oficial de Galicia para Xapón, quen seleccionou os proxectos Auga e Sal e Galuriña para que a comitiva xaponesa experimentara momentos únicos que fusionan historia, tradición e sabores excepcionais.

Este encontro reforzou os lazos entre Galicia e Xapón, promovendo o intercambio cultural e turístico entre ambas rexións. A Asociación Auga e Sal enorgullecese “de ter sido parte desta experiencia enriquecedora e espera continuar colaborando en futuros proxectos internacionais”.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.