O BNG de Rianxo solicita incorporar Rianxo á Rede de Aulas CEMIT

03 Xaneiro 2024

Mellorar a formación dixital da veciñanza con novos recursos e equipamentos formativos sería a obxectivo.

Aula CEMIT Boiro

O BNG ven de rexistrar para debater no pleno unha MOCIÓN PARA SOLICITAR UNHA AULA CEMIT en Rianxo. Durante varios anos o Concello de Rianxo tense dirixido á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) para que o noso Concello contase cunha aula que reforzase e ampliase a capacidade formativa en materia dixital da nosa veciñanza.

Ademáis dos recursos que se teñen posto en marcha en Rianxo en especial a actividade despregada polo servizo de informática coa súa Aula, entendemos esta actuación pode ser complementada polos recursos que a Xunta de Galiza dispón.

Neste caso e agrupados baixo o nome de Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica (Rede CeMIT) é unha iniciativa posta en marcha pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) da Xunta da Galicia e, actualmente forma parte da Estratexia Galicia Dixital 2030.

Desde 2016, a Rede CeMIT tamén formou parte do Plan de Inclusión Dixital de Galicia coma un dos proxectos clave que asentaron as bases para definir a nova estratexia de inclusión dixital da comunidade e que tivo como obxectivo situar a Galicia como referencia en Europa, onde o uso das tecnoloxías dixitais contribuíra a aumentar a calidade de vida e o desenvolvemento sostible nas súas tres vertentes: social, económica e medio ambiental.

Actualmente a Rede CeMIT forma parte do novo Plan para o impulso da Inclusión, Capacitación e Talento Dixital en Galicia, Plan DigiTalent 2030: Camiña en Dixital, que fusiona os anteriores Plan de Inclusión Dixital 2020 e Plan DigiTalent 2020 nun único instrumento estratéxico que toma o seu relevo para enfocarse no horizonte 2030 coa misión de conseguir unha sociedade máis autónoma dixitalmente que non deixe a ninguén atrás. É o desexo que nós temos: dar competencias dixitais a toda a veciñanza sen exclusións, por iso entendemos que debemos poner todos os recursos das diferentes administracións na proxura deste obxectivo.

Neste intre a Rede conta coa colaboración de 90 concellos e está integrada por 96 aulas equipadas coa última tecnoloxía, Internet e sistemas de videoconferencia, algún deles xa dispoñíbel na aula existente mais cremos pode ser obxecto de reforzo para chegar a todos os colectivos e con formación diversa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.