O grupo Municipal do BNG do Concello de Rianxo somete á toma en consideración plenaria unha MOCIÓN para reclamar a que a ambulancia do 065 que presta o seu servizo en Rianxo amplie a 24 horas a súa atención.
A Xunta ven de licitar un novo contrato para dar o servizo de transporte sanitario urxente terrestre do 061 por dous anos, prorrogable a un máis.
O valor estimado deses tres anos de prestacións rozará os 178 millóns de euros para un mínimo de 127 ambulancias de diferentes tipos e prestacións, repartidas polo país en bases asentadas en 93 municipios diferentes entre os que se encontra Rianxo. Forma a nosa parte das 107 ambulancias de soporte vital básico (SVB) e das que unha maioría estarán activos as 24 horas.
Sorpresivamente, pois dábase por conseguido, a de Rianxo non vai emprestar servizo as 24 horas. Cando por número de servizos nocturnos así o xustificaba e daríase unha mellor atención de toda a comarca en xeral, mesmo a otras zonas das limítrofes. Sería oportuno e prudente chegar ás 24 horas de atención, diminuindo os tempos de espera nocturnos.
E por isto, e agardando se poida mellorar nesta fase de licitación a proposta empresarial, queremos demandase o apoio da corporación municipal para Instar á Xunta de Galicia a que se amplie a cobertura do 061 con base en Rianxo a 24 horas no vindeiro concurso.




