O Barbanza perde un dos seus máis ilustres fillos literarios e xornalísticos: Luis Blanco Vila (por Antón Luaces)

02 Xaneiro 2024

Coma se quixera rematar co ano 2023 a súa obra vital, o boirense Luis Blanco Vila dixo adeus o 31 de decembro de 2023 aos seus 87 anos acabados de cumprir nunha especie de “diálogo coas sombras”, como o titulo da súa novela gañadora do premio Felipe Trigo.

Fillo do único taxista que daquela había en Boiro, onde naceu en plena Guerra Civil española o 9 de novembro de 1936, Luis Blanco Vila foi un dos grandes xornalistas de Galicia. Comezou a súa andaina xornalística como bolseiro na redacción do Diario Ya, en Madrid, pertencente á Editorial Católica (EDICA) en 1962. Da capital de España pasou, en calidade de correspondente, ás de Portugal (onde viviu de preto as consecuencias da guerra de Angola), Francia (dando conta dos acontecementos do maio francés do 68) e Italia, onde estabeleceu un grande coñecemento e conexión coa curia romana). 

 En 1971, Luis Blanco Vila asumiu a dirección do xornal coruñés El Ideal Gallego, pertencente á mesma editorial, nunha das máis frutíferas etapas deste medio durante os dous anos que se mantivo á súa fronte e na que mantivo un man a man co outro xornal diario da Coruña da que tiramos conclusións e aprendizaxe os que realizabamos funcións informativas noutros medios de comunicación.    

Aos dous anos Blanco Vila incorporouse ao Consello de Redacción de EDICA, compaxinando este labor coa de comentarista e director internacional do Diario Ya.

Cando formulou a súa xubilación aos 70 anos, puxo proa a Boiro (o seu porto vital de todos os veráns), onde lle propuxera o Partido Popular ser cabeza de lista nas municipais de 2007, formulación que non chegou a producirse de feito por desavinzas co partido e problemas de saúde do propio Luis Blanco Vila.

Doutor en Teoloxía Románica, Blanco Vila -que comezara os estudos en Cantabria- licenciouse  en Ciencias da Información, foi catedrático en Teoría da literatura e diplomado en televisión. Autor dunha trintena de libros de pescuda literaria, novela e poesía, abordou con éxito labores de tradución do francés, latín, italiano e inglés, e aínda tivo tempo para presidir o Centro Galego de Madrid, o Club de Periodistas Gallegos de Madrid e da Federación de Asociaciones de la Prensa. Crítico literario, articulista e director de actividades culturais e de documentación de empresas como Campsa e Tabacalera, Blanco Tobío responsabilizouse das relacións exteriores de ministerios como os de Facenda e Cultura.

Amáis de El Ideal Gallego, dirixiu El Ideal de Granada, o Diario Vasco Deia e El Mundo, e gañou distintos premios literarios: o Café Gijón, pola obra Dos días antes y otras antiguayas; o xa citado Felipe Trigo pola novela Diálogo con las sombras, e o Don Balón pola novela deportiva Doméstico de lujo. Foi tamén finalista, entre outros, dun premio de literatura infantil por Memoria de un gato tonto.

Galicia -e polo tanto Barbanza- perdeu un dos seus preclaros fillos cando o 2023 daba as derradeiras badaladas. A proa de Luis Blanco Vila, encara agora outros días, outras sombras, sen perder de vista ao seu Boiro natal. Sempre firme ao temón. 

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.