Muros achegará dez días de actividades de Entroido para todas as idades

30 Xaneiro 2024

O Concello de Muros presentou a súa programación de Entroido, dez días de actividades que comezan o mércores 7 de febreiro e rematan o venres 16 de febreiro. “Levamos o Entroido de Muros ás parroquias coa colaboración das asociacións veciñais, unha prioridade para o concello”, asegura a alcaldesa, María Lago.

A concelleira de Cultura, Caridad González, destaca pola súa parte que “a programación inclúe actividades para todas as idades e o tradicional concurso de comparsas e disfraces o domingo 11 de febreiro”.

A primeira actividade será o obradoiro Letras disfrazadas na Axencia de Lectura Municipal de Esteiro, o mércores 7 de febreiro ás 17.30 horas, para dar paso o venres 9 ás 17:00 horas á festa infantil de disfraces en Surribos (Abelleira).

A mesma tarde do venres 9 de febreiro, ás 18.00 horas o obradoiro Letras disfrazadas chegará á Biblioteca de Muros, e ás 20.30 horas haberá Festa de Entroido para maiores en Sel, mentres que o sábado 10 ás 17:00 horas a festa infantil de disfraces será en Agrovello (Tal).

O domingo 11 de febreiro ás 17:00 horas celebrarase o concurso de comparsas e disfraces, que percorrerá Virxe do Camiño, avenida Porteliña, rúa Castelao e Curro da Praza. O Concello repartirá más de 3.500 euros en premios.

O luns e martes haberá festas infantís no pavillón Xosé Lago de Esteiro; Pozo do Cachón, en Serres, e no Centro Social de Louro. O mércores 14 de febreiro ás 19:00 horas celebrarase o Enterro do Facundo e, como remate da programación, o venres 16 haberá dúas novas festas infantís na Casa Reitoral de Torea e na Biblioteca no Centro San Xosé.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.